Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O que arde
Boas amigXs.
A estas alturas, é moi difícil que non saibamos quen é Benedicta Sánchez pero, por se queda algún rezagado, direivos que Benedicta, nacida en San Fiz de Paradela, O Corgo, Lugo, é a protagonista de “O que arde”, a película dirixida polo franco-galego Oliver Laxe. Na película interpreta á nai do protagonista, un pirómano que regresa ao pobo tras cumprir parte da súa condena. Benedicta limítase a preguntarlle se ten fame. Cando este lle conta que os eucaliptos estenden as súas raíces durante quilómetros, como a tea dun saco vello de patacas que impide medrar outras plantas, a muller respóndelle: “Se causan sufrimento é que eles sofren”. Cando “O que arde” se estreou no pasado Festival de Cannes, moitos pensaron que Benedicta Sánchez interpretábase a si mesma, que o seu director Oliver Laxe plantou a cámara ante unha muller a piques de cumprir 85 anos, que coida vacas e atende o lume e o horto. Pero nada máis lonxe da realidade; Benedicta é alguén especial: Unha muller miúda e nerviosa, que dorme no chan e come cada día un aguacate e un limón. Pero ademais, Benedicta ten unha historia que contar: a da súa vida, pois a octoxenaria gañadora do Goya a actriz revelación non viviu toda a súa vida entre orvallo e boñigas e é que hai que ser moi boa actriz para facer crer ao espectador que se é unha muller de pobo cando en realidade se percorreu o mundo e se viviu varias vidas.
Benedicta saíu da súa aldea soa para buscarse a vida primeiro en Barcelona e despois en Brasil. Vexetariana desde os 17 anos, traballou como fotógrafa de festas en Río de Janeiro e acabou rexentando unha librería especializada en filosofía. Vítima dun marido maltratador, nos 60 cambiouse o nome de Benedicta a Benny e rexistrou á súa única filla como nai solteira. En 1979, morto Franco, regresou a España coa idea de montar un laboratorio de fotografía, que fracasou. Viviu en Valencia e volveu ao seu pobo en 2008, tras falecer o seu irmán, para facerse cargo da casa familiar.
“A vida dáche sorpresas e esta é unha moi grande en toda a miña longa existencia”, agradeceu Benedicta ao recoller a primeira figura da noite. A premiada lembrou aos seus pais e a Oliver Laxe e o seu equipo: “Non creo que haxa princesa que lle deran un trato tan marabilloso” e animou ao público asistente para que lle axudasen no seu discurso: “Fáltanme palabras, familiares… Axúdenme, díganme cousas para que eu poida dicilas, porque senón quédome enmudecida”. “Son galega e quero tamén o Goya para Galicia, miña terra meiga”.
As súas últimas dedicatorias recollendo o Goya, foron para os seus netos, “que non se esquezan da yaya, que lles quere moito”, antes de preguntar: “Pódome ir xa?” e para a súa filla, que foi a que a presentou ao casting.
Din que ninguén é profeta na súa terra pero Benedicta, coa súa sinxeleza conseguiu encandear ata ao mismísimo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que lle impuxo unha medalla e ata presentou as badaladas de Noitevella na televisión autonómica. Cando pase todo Benedicta volverá ao seu caserón de San Fiz de Paradela pero… que lle quiten o bailado!


Apertas amiXs e ata a vindeira.



Clara María Domínguez Iglesias
2º de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2020 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal