Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN
O 24 de xaneiro celebrouse o Día Internacional da Educación 2020, unha data proclamada pola Organización das Nacións Unidas (ONU) co obxectivo de concienciar a todo o planeta da importancia da educación para conseguir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Concretamente, o obxectivo número 4 que establece unha Educación de Calidade.
Segundo a ONU, a educación é a base para unha sociedade xusta, igualitaria e autosuficiente. A educación aumenta a produtividade das persoas e como consecuencia, o potencial de crecemento económico. Fai que as persoas traballen no que lles guste e no que son bos, e inflúe directamente na felicidade das persoas. Porque unha persoa realizada é unha persoa feliz. Por iso, a educación axuda a erradicar a pobreza e a fame, contribúe a mellorar a saúde, promove a igualdade de xénero e pode reducir a desigualdade. En definitiva, a educación é unha das ferramentas que axuda a facer sociedades mellores.
O lema do Día Internacional da Educación en 2020 é "A aprendizaxe para os pobos, o planeta, a prosperidade e a paz". Un lema cuxa mensaxe ten que está enfocada á realización colectiva, empezando polos pobos e actuando sobre todo o planeta para lograr a prosperidade e a paz mundial. Pois , aínda que neste tema , todos semellan estar de acordo, seguen a existir moitas carencias e os datos fan pensar que queda moito traballo por facer para conseguir o acceso de todos a un tempo educación de calidade: No mundo hai aproximadamente 258 millóns de nenos e mozos sen escolarizar, 617 millóns de nenos e adolescentes non saben ler e 57 millóns de nenos non asisten á escola por mor de conflitos bélicos; datos demoledores que urxe cambiar. E a educación é a arma máis poderosa que se pode usar para cambiar o mundo, é a chave da porta da liberdade e todos debemos loitar para que os nenos de todo o mundo teñan acceso a ela.



Jaime Eiriz Castro
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2020 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal