Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O cinema galego pelexará esta noite nos Goya por levar ata dez figuras
«O que arde», de Oliver Laxe, aspira a catro galardoes, e «Quien a hierro mata», a tres.
Benedicta Sánchez ten 84 anos e nunca, ata hai ano e medio, púxose diante dunha cámara. E non é que fixese poucas cousas na súa vida esta enxoita e curtida muller, fotógrafa social, viaxeira incansable, alpinista e montañeira; pronto, quizá, tamén gañadora dun Goya. Arrastrouna a súa filla ata un casting en Navia de Suarna no que se buscaba a unha muller de máis de 60 anos. Tan ben se lle deu meterse na pel desa nai dun pirómano que regresa a casa tras saír de prisión que non só convenceu do seu talento ao cineasta lugués Oliver Laxe, que enseguida a fichou, senón tamén aos académicos que, meses despois da estrea de O que arde, decidiron nomeala a mellor actriz revelación. Non é a única categoría na que compite esta longametraxe, que nesta 34.ª edición dos Goya opta a outros tres galardoes máis: ao de mellor fotografa -polo traballo de Mauro Herce-, ao de mellor dirección -disputado entre Laxe, Pedro Almodóvar, Alejandro Amenábar e a realización a tres mans de Jose Mari Goenaga, Jon Garaño e Aitor Arregi- e ao de mellor película.
O Palacio dos Deportes José María Martín Carpena de Málaga, onde se celebrará a cerimonia, recibirá a uns cuantos galegos máis: ata dez cabezones poden terminar recalando nesta esquina do mapa, xa que aos nomeamentos da cinta de Laxe -que se mide con Dor e gloria, Intemperie e A trincheira infinita- súmanse tres de Quen a ferro mata, producida por Vaca Films; a do actor vigués Santi Prego, polo seu revelador papel en Mentres dure a guerra; a do vigués Eligio Montero, polo guion adaptado de Buñuel no labirinto das tartarugas; e a do lucense David Fidalgo, pola curtametraxe de animación Homomaquia. Ademais, o actor compostelán Tamar Novas entregará o Goya a mellor actor revelación, premio que el mesmo gañou no 2005 por Mar dentro.
Luís Tosar, a por o cuarto la outra cinta galega que opta a recoñecemento nesta edición é unha historia de vinganza dirixida por Paco Praza, a de Mario e os seus particulares infernos, enfermeiro dunha residencia de maiores que esta noite podería darlle a Luís Tosar.
Completa a cota galega en Málaga o outro par de candidaturas de Qiuen a hierro mata: a de Enric Auquer na categoría de mellor actor revelación e a de David Machado (xunto a Yasmina Praderías e Gabriel Gutiérrez) na de son. Machado xa é dono dun busto do pintor aragonés que conseguiu no 2016 co descoñecido.

Valeria Labandeira Reimondez
4 ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2020 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal