Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nos xulgados hoxe todo é máis distante, perdeuse humanidade
índa que o seu pai era avogado, para ela o Dereito nunca foi unha imposición. Vía o traballo que facía o seu proxenitor e decidiu que era o que quería facer, así que tras completar os seus estudos no que entón se chamaba Instituto Feminino, o actual Otero Pedrayo, matriculouse na carreira de leis que impartía a Universidade de Santiago.E recoñece que non se equivocou. Con máis de tres décadas de traxectoria profesional ás súas costas, María Teresa Arce Nogueiras bota a vista atrás para recordar os seus inicios como nova avogada, nun mundo no que as cousas eran moi distintas. Algunhas as bota de menos. «Durante a carreira estudaba e facía prácticas, ía ver xuízos e tamén aos recoñecementos xudiciais, que agora xa case non se fan», asegura. Aquelas probas motivaban o traslado da comisión xudicial para ver leiras ou servidumes cuestionadas nun preito. «No meu coche sempre había unhas katiuskas por si había que ir a unha proba desas, que che permitía ver as cousas sobre o terreo e entender o que che estaban explicando. Todo aquilo foi o meu comezo», explica, rememorando a boa relación que había entre profesionais, xa que moitas daquelas visitas terminaban en comidas nas que non sempre se falaba dos casos, pero das que ás veces saían acordos. «Os avogados máis maiores tiñan unha enorme delicadeza cos que empezabamos», conta.


Paula Vázquez 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-01-2020 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal