Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A arte minimalista do ourensán Luca Log

Comezou a pintar sendo moi neno. Con 13 anos formaba parte dun
colectivo ourensán de grafiti e pintura mural. Con 18 meteuse na Escola de
Arte Antonio Faílde.


E aí deuse conta de que tería que compaxinar a súa vocación artística con
outros traballos. «Estiven dez anos traballando de todo o que me saía
porque o debuxo non me daba para comer mentres que ao mesmo tempo
tentaba aproveitar calquera oportunidade ou proxecto artístico que me
xurdía», explica o artista ourensán Luca Log. E engade: «Hai dous anos
planteime. Decidín apostalo todo á arte, a seguir formándome e a tratar de
vivir de isto».


Por iso agora está a estudar escultura na Coruña, produce todo o que pode
e presenta a súa primeira exposición. Faio en Ourense, concretamente no
recentemente estreado bar A Gaiola, no número 5 da rúa Lepanto, e a
inauguración será este domingo ás 12.00 horas, xusto para tomar o vermú e
aperitivo mentres se goza dos seus cadros e esculturas. A mostra leva por
título Adega e inclúe unha decena de lenzos e tamén figuras de ferro e
pedra. «Son pezas que fun facendo nos últimos anos e que mantiña
gardadas nunha adega, iso dálle o nome», explica. Na súa maioría son
retratos, cun marcado estilo minimalista cargado de deixes cubistas.
«Gústame pintar con moi poucos trazos.


O que máis me inspira é a soidade, a pureza ou o desamor. Gústanme
moito os rostros e as miradas, o que transmite a expresión corporal», admite
Luca. Iso tentou plasmar nos cadros que conforman esta exposición e que
polo momento colgarán das paredes da Gaiola unha boa tempada.


Alba Millán Borrajo
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-01-2020 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal