Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

“LEVO 64 ANOS COTIZADOS E NON CHEGAREI AOS MIL EUROS DE PENSIÓN”
Dolores suma máis anos contribuídos que ninguén en España. Ten 79 e empezou aos 14 a despachar. Hoxe segue facéndoo na súa tenda da Coruña, pero pronto botará a persiana. Chegou o seu momento: «Quero pasarmo ben. Téñoo merecido»
Aínda se recorda con 14 anos dando os primeiros pasos da súa extensa vida laboral, a máis longa de España. E hoxe, camiño dos 65 anos cotizados, Dolores Agra aínda fai o que mellor se lle dá: «Despachar. É o que empecei a facer aos 14 e o que sigo facendo agora», relata desde o mostrador do seu negocio, Lencería Marta, situado no barrio coruñés dos Castros. A súa é unha desas tendas emblemáticas na cidade, pero pronto botará a persiana de forma definitiva. Con 79 anos e máis de seis décadas cotizadas, merécello. «Imos pechar pronto. Desde logo, teño previsto facelo este ano», desvela Dolores , que alargou a súa xubilación tal e como lle permite a lexislación por ser autónoma. «Teño a xubilación activa, porque a nós se nos permite. Pero pronto collerei a total», indica.

A traballadora con máis anos cotizados do país pode presumir do seu título, pero non o fai da súa pensión. «Nin sequera chegarei aos mil euros. A verdade é que leva todo o papelorio o meu fillo, así que estou despreocupada. Máis xa non contaba con cobrar», asegura Dolores.



Paloma González González, 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-01-2020 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal