Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Empate técnico entre animalistas e cazadores no Campionato Galego do Raposo celebrado en Lugo:
O Campionato Galego do Rapaso empezou pouco despois das sete da mañá e en Sarria co sorteo que decidiu o lugar de caza de cada cuadrilla. En total, estímase que participaron unhas 15, é dicir, entre 150 e 160 persoas.


A xornada foi tranquila, e aínda que se viviron algúns momentos de enfrontamentos e insultos, tanto os cazadores como os animalistas tiñan claro que é o que viñan facer aos montes de Triacastela e Láncara. Abatéronse algunhas pezas desde pouco despois das nove da mañá, e aínda se descoñece a cifra exacta de raposos cazados. Mentres, os animalistas intentaron facer o maior ruído posible para afastar aos animais dos cazadores. Utilizaron para iso cornetas e chifres. Pero no monte soaron as pandereitas e escoitáronse as bucinas dos coches. E tamén algún berro de "asasinos" e incluso algún cántico a favor dos animais.

A mañá transcorreu polos montes da zona e é que os afeccionados foron cambiando de localizacións e detrás seguíronos de preto os animalistas. Con todo, os todo terreo dos cazadores permitíronlles despistar e avanzar máis rápido para deixar atrás a os manifestantes.

Algúns dos animalistas chegaron desde Santiago, Vigo e incluso Madrid e Toledo.

Animalistas e cazadores estiveron en contacto cos seus respectivos equipos durante toda a xornada. Os primeiros, a través de pinganillos e os segundos, grazas aos teléfonos móbiles. Todos informaban de forma constante aos seus compañeiros dos cambios e movementos de última hora.

Cada cuadrilla ten un guía e cada grupo ten un xuíz que comproba que non se fagan trampas.

A Garda Civil estivo ao longo de toda a mañá vixiando as distintas zonas nas que se produciu o certame autonómico. En cada unha das manchas nas que estaban os cazadores, un letreiro informaba de que, ao realizarse a cacería, o tráfico estaba restrinxido, así como o acceso.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-01-2020 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal