Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un punto de sufrimento e esperanza para o Celta en San Mamés

O Celta volve á zona de descenso onde case todos os rivais apuraron o paso, pero o empate de San Mamés, moi sufrido, parece un paso adiante na loita pola permanencia. Rafinha, que por fin foi o xogador diferencial que necesita o cadro vigués, adiantou aos celestes no segundo tempo e un empate transformado por Raúl García deulle o empate a un Athletic que empuxou máis e que tivo máis oportunidades.


O Celta , cun 4-4-2 como sistema, sufriu, pero o Athletic tamén. O primeiro tempo foi un intercambio de golpes que acabou sen goles pola pericia de Rubén e a falta de acerto dos celestes. Os vascos saíron en modo galerna e aproveitaron a súa superioridade en banda para encerrar na súa área ao equipo vigués a base, sobre todo, de centros laterais. Íñigo Martínez enviou o primeiro aviso, Raúl García estivo a un palmo do éxito no segundo intento e un pase filtrado desde a dereita non acabou en gol en propia meta de Murillo -debutante nada máis chegar- de milagre.


O Celta tardou, pero cambiou a tormenta polo balón e tamén meteu o medo no corpo a San Mamés. Primeiro cunha penetración de Olaza repelida por Herrerín, que atrapou sen problemas un cabezazo de Rafinha tras un centro encima da mesma liña de fondo do charrúa.


En plena batalla os dous equipos saíron inmunes das mellores ocasións. Muniain cabeceou en ferro, só e a un palmo da liña de gol, un balón que sacou Rubén dun modo milagroso e Santi Mina desperdiciou un agasallo de Aspas cando estaba só con toda a portería esperándolle. O seu (especie) de remate perdeuse polo lateral da rede.


O Athletic volveu activar o modo galerna no inicio do segundo tempo con ocasións claras para Yuri e dous balóns envelenados de Ibai e Iñaki Williams que non atoparon rematador. Con todo foi o Celta o que pegou primeiro cunha boa condución de Aspas e un tiro desde a frontal de Rafinha que acabou no fondo da rede.


Pouco despois, co 0-1, o hispanobrasileiro sacou a maxia cun taconazo que lle plantou diante de Iago Herrerín, pero non puido superar ao porteiro vasco.


Foi a última ocasión dun Celta que de súpeto se volveu ultraconservador e dedicouse a esperar ao Athletic. Os cambios de Óscar García tamén foron nese sentido e o partido converteuse nun frontón onde o Athletic non adiviñaba o xeito de superar a Rubén. Ata que Beltrán cometeu un dobre erro consecutivo: perder o balón nunha clara contra e tocar o esférico co brazo dentro da área no repregamento. Tirou Raúl García o penalti e enganou por completo a Rubén. O empate satisfacía máis aos vigueses que aos biscaíños, que o seguiron intentando pero o Celta polo menos foi capaz de resistir para sumar un punto de esperanza nunha liga que se pon cada día máis difícil.


Iago Fuentes Aller
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-01-2020 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal