Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Miles de persoas opositan a 169 prazas de Correos en Galicia
En Silleda anotáronse máis de 10.000 candidatos pero ata este luns non se coñecerá a asistencia, que no 2019 non chegou ao 70 %.


Frío, tensión no ambiente e unha auténtica marea humana buscando a porta correcta para obter o pasaporte a un emprego estable. Así foi o arranque das probas para optar a un posto de traballo na sociedade postal Correos celebradas este domingo no recinto feiral de Silleda (Pontevedra). Máis de 10.000 persoas estaban inscritas para realizar alí o exame. Con todo, iso non quere dicir que todos eles pretendan conseguir unha praza na comunidade galega. As oposicións para as 4.005 prazas convocadas para todo o Estado celebráronse simultaneamente en 86 recintos de 29 cidades españolas e cada opositor tiña a liberdade de examinarse onde quixese independentemente da comunidade na que pretenda traballar. En todo caso, para Galicia ofértanse 169 postos de persoal laboral fixo: 105 para tarefas de repartición, 23 para axente de clasificación e 41 para atención ao cliente en oficinas. A organización non publicará ata este luns os datos de asistencia. Con todo, o ano pasado ao exame non chegaron a presentarse o 70 % dos matriculados.


Alejandro Fernández Blanco
1º BACH A


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-01-2020 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal