Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Varios colectores perdidos pon en risco a navegación na Costa da Morte

Varios colectores, pertencentes a un mercante que transitaba pola Costa da Morte, pon en xaque a navegación na comarca. Son «tanques flotantes» que un buque perdeu este xoves como consecuencia das adversas condicións climatolóxicas provocadas por Brendan, que deixou refachos no litoral de ata 140 quilómetros por hora en Vimianzo e ondas de 5-6 metros na costa.Dous destes recipientes metálicos, ocos por dentro e empregados, segundo apuntaron varios expertos, para obra civil, especialmente na construción de pontes, xa foron recuperados na mañá deste venres por senllos pesqueiros con base no porto de Laxe: o Caprichosa e o Villa de Argote. Argote. Sergio Deus é patrón do Caprichosa e explicou os pormenores do rescate: «Iamos pola zona de Cabo de Laxe, preto da praia de Soesto, como a media milla da costa, e atopamos de fronte un contedor flotando. Amarrámolo cos cabos e ou trouxemos a porto. Unha vez dentro chamamos a Salvamento Marítimo para que se faga cargo». Trátase, segundo dixo o patrón do Caprichosa, dun recipiente «duns nove metros de longo e tres de manga».


Juan García Ocampo
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-01-2020 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal