Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS BIOBOTS
Esta semana un equipo de biólogos da Universidade de Tuffs en colaboración con expertos en robótica da Universidade de Vermont presentaron o deseño dunha “máquina vivinte” feita a partir de uns centos de células musculares e da pel dunha ra africana, Xenopus laevis. A penas miden medio milímetro e a súa vida aproximadamente é dunha semana, chámanse BIOBOTS e as posibilidades potenciais que se lle atribúen a estes dispositivos son moitísimas; desde tratamentos para paliar a contaminación , uso en microcirurxía ou aplicacións no campo farmacéutico segundo o modelo.
Algúns de estes robots biolóxicos teñen a capacidade de moverse en círculos e outros nunha dirección, segundo a disposición das células contráctiles e pasivas; pudendo capturar ou transportar obxectos, facer tarefas colectivas debido a súa mobilidade. E por se fora pouco, os investigadores comprobaron que son bastantes resistentes, reconstruíndose ante unha lesión ,pero desaparecen á semana , cando se destrúen as súas células, polo que son 100% biodegradables. Polo tanto, atopámonos ante un gran avance , xa que estas máquinas poderán acometer eficientemente tarefas a unha escala mínima e con máis vantaxes que inconvenientes, pois, son totalmente biolóxicas, pouco invasivas, de curta duración e completamente biodegradables.
As expectativas que se crean con este avance van mais alá do campo científico, pois invita a pensar onde están as fronteiras entre o que consideramos un ser vivo e un autómata. Quen marcará os límites dos usos destes descubrimentos?. Son preguntas que xorden cada vez que a ciencia avanza , pero non por iso debe preocuparnos; sempre hai que pensar positivamente, pensar que haberá mais beneficios que danos e que como con tantos outros descubrimentos da historia o seu nacemento pode mellorar o mundo.



Jaime Eiriz Castro
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-01-2020 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal