Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rexeitada a petición dos escoceses dun novo referéndum de independencia
Nicola Sturgeon, líder do Partido Nacional Escocés (SNP)
O primeiro ministro británico rexeitou a transferencia das competencias a Escocia para convocar un segundo referéndum de independencia en 2020. Nunha carta dirixida a ministra principal Nicola Sturgeon, Johnson manifesta a súa negativa de aplicar a sección 30 da lei de autonomía de Escocia de 1998, na que Londres pode ceder poderes ao Parlamento local en asuntos reservados con frecuencia ao Goberno central.

Engade tamén a súa oposición de continuar os pasos do anterior ministro David Cameron quen acordará co ministro correspodente ao momento de goberno, Alex Salmond a celebración dun referéndum en 2014, no que a independencia do Reino Unido gañará por ampla diferenza.

Malía a vontade do primeiro ministro de “facer de 2020 un ano próspero para o Reino Unido”, a ministra escocesa Nicola Sturgeon califica a postura de Johnson de incalificable e insostible. Sturgeon recoñeceu ante a opinión pública que esperaba un “non” como primeira resposta e acusou ao goberno de “aterrorizar aos escoceses e non deixarlles escoller libremente”.

Non obstante, a pesar da negativa dos británicos a líder do Partido Nacional Escocés (SNP) anunciou que decidiría os seus pasos nas próximas semanas iniciando por tanto a busca da independencia escocesa na actualidade.



Lucía Nieto Cancho
2º de Bacharelato/nº20

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-01-2020 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal