Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Allariz, unha escapada “ TOP”, para 2020
Unha compañía especializada en venda online de viaxes sitúa ao concello ourensán como o terceiro destino favorito para as escapadas nacionais deste ano
Allariz brilla con luz propia. Fíxoo xa este decembro, cunha aposta alternativa e natural en decoración de nadal, e vólveo a demostrar agora ao situarse como o terceiro destino favorito para os españois nas súas escapadas nacionais. Así se desprende dun informe elaborado por unha compañía especializada en viaxes online e experiencias. Atrápao analiza os datos acumulados durante 2019 no seu ?Estudo de Hábitos e Tendencias do Turismo 2020?, con motivo de Fitur 2020, e anticipa os destinos que serán tendencia este ano. E é neste apartado no que aparece a vila ourensá. Tamén aparece Vigo, dentro dos destinos con máis gancho.
Escapadas nacionais
O Estudo de Hábitos e Tendencias do Turismo 2020? indica, por unha banda, aquelas localidades que serán recoñecidas este ano como destinos de escapada, é dicir, idóneos para unha viaxe curta en territorio nacional de entre unha e tres noites. As localidades máis destacadas neste apartado serían: Rodellar (Huesca), San José (Almería), Allariz (Galicia), Vila de Valverde (O Ferro), Comillas (Cantabria), Taramundi (Asturias), Guadalupe (Estremadura), Almagro (Cidade Real), Villafamés (Castellón) e Beget (Gerona). Segundo este ranking, os destinos predilectos para facer unha escapada contan cunha poboación media por baixo dos 2.450 habitantes.

Así invitan desde Atrápao a visitar Allariz: "Din que, ademais de ser un dos pobos máis bonitos da comunidade, foi capital histórica do Reino de Galicia. Conta co burgo medieval máis auténtico, numerosos museos e unha cita imperdible no calendario: a Festa do Boi".



Marta Rodríguez Conde
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-01-2020 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal