Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia perde case 17.000 autónomos nunha década
Galicia perdeu na última década un total de 16.784 autónomos, o que a sitúa como a segunda comunidade de España con maior descenso de autónomos, despois de Castela e León, que perdeu 17.914.

Así o acredita un informe realizado pola Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA) a partir de datos de último día facilitados pola Seguridade Social, que detalla que esta diminución en Galicia supón un descenso en termos relativos do 7,4%. Todas as provincias galegas perden autónomos sendo Lugo a que leva a peor parte, con 5.808 autónomos menos, seguida da Coruña con 4.861; Ourense cunha diminución de 3.700, e en último lugar Pontevedra, cunha perda de 2.415.

O informe revela que a perda de autónomos en Galicia afecta tanto a homes como a mulleres, sendo maior no caso das mulleres: 9.158 mulleres autónomas menos fronte a 7.626 autónomos homes, pois actualmente hai 86.401 mulleres e 123.124 homes que se autoemplean nesta comunidade.

Isto rompe a tendencia nacional onde hai máis autónomas mulleres que homes; mentres na última década o Réxime Especial de Traballadores Autónomos RETA perde 10.992 cotizantes homes, as mulleres que viron no autoemprego o seu futuro laboral ha aumentado en 115.843 persoas.
Por rama de actividade, a agricultura perde 14.886 de autónomos, a construción 5.531, o comercio 3.867, a hostalería 2.367 autónomos e a industria 2.235. Mentres, outras actividades máis novas e relacionadas co sector servizos suman novos autónomos, como as actividades profesionais científicas e técnicas que agregan 4.613 autónomos; a educación, 2.354 autónomos máis, ou as actividades sanitarias cun aumento de 2.277.

Segundo o presidente da Asociación de Traballadores por Conta Propia de Galicia, Rafael Granados, "as cifras evidencian que as comunidades que máis sofren o despoboamento son as que máis autónomos perden". "Non sabemos se é causa ou consecuencia, o que é evidente é que Galicia non se pode permitir perder tantos autónomos. Eles vertebran o territorio e danlle sentido ao medio rural", agrega Granados.



Susana Velasco Martínez
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-01-2020 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal