Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O servizo de partos de Verín reabrirá en febreiro
A xerente o Hospital Comarcal de Verín confirmou este sábado, 18 de xaneiro, a formalización dos contratos de dúas pediatras para a atención do servizo de partos e urxencias pediátricas, que prevé reabrir os primeiros días de febreiro. Guillermina Agulla pon data a reapertura un servizo clausurado o 1 de decembro de 2019 por decisión da xerencia da área sanitaria de Ourense, desatando as protestas das profesionais do centro e da veciñanza das comarcas de Verín ou Monterrei.

Sucedéronse entón as protestas, algunha delas masiva, ante o hospital de Verín, o complexo de Ourense ou diante das portas do propio Parlamento de Galicia.

Foi a nova xerente do centro comarcal, Guillermina Agulla, quen anunciou contactos con varias candidatas que se presentaran fóra de prazo. Tras argumentar que non se informaran con tempo suficiente do proceso, Agulla procedeu a realizar as entrevistas. Hoxe informou do seu suceso e da formalización, a vindeira semana, de dous contratos para cubrir as prazas vacantes. A xerente engadiu que o Sergas está a traballar nun protocolo para garantir a seguridade a atención aos partos que se retomará en febreiro.

Iván Abad Álvarez
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-01-2020 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal