Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As redes sociais proban a vitalidade do galego
Considera que está o galego normalizado nas redes?


Ese é un tema bastante complexo. As redes sociais viven certa normalidade, hai moita
xente que na súa vida diaria non ten o galego como lingua habitual, pero que se
expresa nela en internet. De feito, case hai unha certa burbulla do uso da lingua,
parece moi de xente nova e de ámbito urbano cando son os eidos nos que vive peor.
Tamén é importante, por exemplo, que o Twitter estea en galego. É un logro bastante
grande, hai moi poucos idiomas que teñan a interface na súa lingua, como tamén pasa
en Facebook. Instagram, que é moito de mocidade, non ten versión en galego. Quedan
moitos ámbitos por dinamizar. Máis alá do uso reivindicativo que fan algunhas
persoas, cómpre que sexa máis estendido a outros ámbitos. As redes sociais
demostran unha vitalidade importante da lingua galega, pero de aí a estar normalizado
penso que queda moito camiño por percorrer.


Ricardo Tornero Belloso
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2020 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal