Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Atopan unha granada do exército na praia de Rande

Uns pescadores atoparon este domingo pola mañá unha granada de morteiro
duns 40 centímetros de lonxitude na praia de Rande, no termo municipal de
Redondela, segundo informou a Policía Nacional.
Unha testemuña explica á Voz que o artefacto estaba moi preto do mar e que
dúas persoas, duns 30 e 50 anos, foron os que o atoparon.
Concretamente, José Ángel Rey foi o primeiro que advertiu o explosivo.
Atopábase na praia co seu xenro, Miguel Ledo.
Tomaron unhas fotos e avisaron ao 112.A granada é de cor verde e leva unha
inscrición en letras amarelas: « M457. Instrución. Lote 4/61». Ten a punta
metálica oxidada, pero, como se pode apreciar nas fotos que conseguiu este
xornal, non parece que estea moi deteriorado. Trátase dunha granada de uso
habitual no Exército, segundo a Policía Nacional.
Achábase a uns 50 metros do museo Meirande, construído na antiga Fábrica
do Alemán de Redondela. A Policía Local de Redondela explica que as
testemuñas chamaron ao 112 ás 10.10 horas. Acudiron a Policía Nacional e o
corpo municipal. Os tedax fixéronse cargo do artefacto, segundo fontes da
Policía Local.
Non o estouraron, senón que llo levaron. Procederon desta maneira porque o
artefacto estaba en bo estado. Para o traslado, utilizouse material de
contención.


Alba Millán Borrajo
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2020 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal