Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Morre ao volante do seu tractor e choca contra unha vivenda en Manzaneda

O home, de 85 anos e oriúndo da aldea de Placín, foi trasladado a Ourense para a realización da autopsia.


Un veciño de 85 anos da aldea ourensá de Placín (Manzaneda) perdeu a vida este sábado mentres conducía o seu tractor entre as casas da localidade. O cadáver foi trasladado pola tarde a Ourense para a realización da autopsia e esclarecer así as causas da súa morte.O alcalde de Manzaneda polo PSOE, Amable Fernández, analizaba o suceso sinalando que a hipótese inicial que barallan os médicos é «unha morte natural e previa ao impacto do tractor que pilotaba contra un dos currais da aldea, xunto a unha casa de pedra». O falecido ía ao volante dun vehículo que carecía de cabina e era de marchas curtas, polo que a súa morte polo golpe contra a vivenda «parece realmente improbable», en palabras do propio alcalde. Os feitos foron postos en coñecemento do titular do xulgado de primeira instancia e instrución de Poboa de Trives, quen autorizou que os Gardas Civís do Subsector de Tráfico, efectuasen o levantamento do cadáver. Desde a Benemérita agregan que «o tractor do home falecido apenas presentaba danos materiais e o choque contra o inmoble produciuse a moi baixa velocidade». Con todo, manteñen baixo investigación o sucedido.


Alejandro Fernández Blanco
1º BACH A


Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-01-2020 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal