Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AQUELES POLÍTICOS, SEÑORES
Boas amigXs:
Aquí estamos de novo tras este "breve" parón onde, cada un ao seu modo, celebrou ou, deixou simplemente pasar, estas festas do Nadal.
O vórtice das présas, do non chegar, do "non me dá tempo"... volveu. Pasámonos a vida correndo, dun lugar a outro, sen saber moi ben nin porque o facemos nin onde dirixirnos. Xa di o refrán: "tanto remar para quedarnos na beira".
Atrás quedan aqueles ansiados tempos en que todo se resumía en simplemente a "estar". Envexa desa xente que aínda hoxe se pode permitir a tranquilidade de aturar esta vida sen fatiga. Esa xente de pobo que sen deixar de traballar seguido e rudamente, non é menos certo que viven con moita máis tranquilidade que todos nós, parasitos de cidade!
Desde que nacemos edúcannos e ensínannos, en e para a competencia. Esta palabra escóitase por todas partes: competencias... adquirir competencias... Imos, que para facerme un oco nesta sociedade, teño que ser mellor que ti ou, sen selo, aparentalo. Pois ademais de competir ensínannos, condición "sine qua num", a ser malévolos e ruíns. Que llo digan senón a toda esa clase política que atrás quedan esas xentes grazas ás que se ven un pouco máis preto de cumprir a súa meta, con tal de alcanzar a Moncloa, neste caso. Mesmo fan oídos xordos dos seus propios " partenaires". Onde quedan aqueles políticos “señores” de comezos da nosa democracia?
Aínda non teño idade para botar, seica é aos 18 anos, pero iso non quita que non teña idade para examinar a realidade que existe agora mesmo no noso país. Xs políticXs (e utilizo o X para que non me risquen de sexista), disfrázanse de demócratas para logo comportarse como tiranos. Gobernan en favor dos seus propios intereses e en contra de todo aquel que se cruce no seu camiño e non se dirixa pola mesma senda que eles teñen marcado. Someten aos medios de comunicación e cando non o conseguen, intentan desacreditalos ou “ningunealos”. En calquera caso sempre lles queda a opción da Pantoja “dientes, dientes, que iso lles jode...” e perdón polo improperio.
Corrupción, clientelismo... iso si, sempre utilizando os recursos públicos!
Remato. O noso país é algo demasiado importante para deixalo en mans dXs políticXs. Xs cidadáns temos que actuar e facernos escoitar SEMPRE pola vía da razón, do diálogo e incluso da manifestación pacífica. Atrás debe quedar aquelo de “temos o que nos merecemos... para que lles votan”. Pois porque cumpren co seu papel: enganar. Deixan ver so aquelo que lles interesa que vexamos. Cal mago que nunca rebela os seus trucos, ocultan as verdadeiras intencións e como “matahari”, envólvenos coa súa verborrea e saber facer. Pensamos que son algo que logo rexeitan e deixan ver soamente un vestixio da súa verdadeira faciana.
Vivimos en democracia e a soberanía (o máximo poder ou autoridade) é do pobo que ten o dereito a elixir e controlar aos seus gobernantes. Non nos esquezamos diste dereito que tantas vidas deixou no camiño para chegar a este punto.
... pero como dicía alguén moi sabio, alá polos anos trinta e recén chegado de Cuba, “en política e relixión non profundices”.

Ata a vindeira semana e, coidarse!



Clara María Domínguez Iglesias
2º de Bacharelato


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2020 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal