Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PREMIO NADAL 2020: ANA MERINO
Este mes outorgouse o Premio Nadal, o galardón literario máis antigo do noso país. A premiada nesta 76ª edición, é a poeta e narradora Ana Merino Norverto (Madrid 1971), que resultou gañadora pola súa novela El mapa de los afectos, un intimista relato das vidas cruzadas de varios habitantes dun pequeno pobo estadounidense onde se entrecruzan toda clase de emocións. Unha obra cuxa prosa está cargada de detalles humanos e emocións, coma no teatro.
O premio entregouse, coma sempre, na cena de Reis que organiza a Editorial Destino no Hotel Palace de Barcelona. A autora embolsarase 18000€ e pasará a engrosar a lista de premiados na que se atopan autores importantisimos del siglo XX como Carmen Laforet, Miguel Delibes, Ana Mª Matute ou Rafael Sánchez Ferlosio.
Ana Merino é unha novelista , poeta, dramaturga. Licenciada en Historia Moderna y Contemporánea pola Universidade Autónoma de Madrid, realizou unha en Colombus , Ohio e o doutorado na universidade de Pittsburg , onde escribiu unha tese sobre o cómic no mundo Iberoamericano. Ë filla do escritor e membro da Academia José María Merino. Na actualidade ademais da labor coma catedrática colabora coma columnista no diario El País.
Esta autora é a creadora dun taller de escritura na universidade de Iowa, xa que está convencida de que se pode ensinar a escribir , incluso poesía; pero primeiro hai que ensinar a ler (segundo a premiada) , xa que os rapaces de hoxe en día non están rodeados da densidade literaria que tivemos nos. Por iso si se consegue que “piquen” estaremos dando un paso moi importante para a literatura. De aí que a escritura e tamén profesora , afirme que con estes talleres forxamos a base emocional dos nosos nenos e nenas ; si se perde a lectura, pérdense parámetros sociais y vitais para a convivencia; xa que, tal e como opina Ana Merino “Literatura é bondade e debemos ter dereito a ela”.


Jaime Eiriz Castro
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2020 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal