Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Luis Parra acusado de corrupción
O ex deputado Luis Parra acusado de corrupción
Luis Parra ex deputado e membro da pouca empregada en actualidade comisión de Ambiente caracterizábase polas súas escasas intervencións. Pero aparición do seu nome nunha trama de corrupción de carácter chavista orixinou que recibise toda a atención da que anteriormente non gozaba.

Acusado de formar parte dunha rede de corrupción en torno a un programa de subvencións alimentarias, Parra defendeuse das denuncias que o acusan non refutando probas senón propiciando múltiples insultos e ameazas. Sendo este unha peza crave do orixe da crise pola trama de corrupción que xerou unha escisión nos apoios a Guaidó a finais de ano.

Non obstante, pese a expulsión do seu partido Parra continúa difundindo a súa actividade en redes sociais. No último mes comezou a recibir o alcume de "membro do banco do Clap", en referencia a unha rede de corrupción a través da cal o Goberno de Maduro importou alimentos con prezos elevados e de mala calidade para paliar a escaseza e a fame de Venezuela.

Engadir que Parra tamén estivo ligado á chamada Operación Alacrán, unha manobra chavista que segundo denunciaron os parlamentarios da oposición, consistiu en subornar deputados para votar contra a reelección de Guaidó.


Lucía Nieto Cancho
2º de Bacharelato/nº20
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2020 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal