Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O obxetivo da nova xerente do hospital de Verín
Guillermina Agulla, a nova xerente do hospital de Verín, asegurou que o seu obxectivo "prioritario" é "reabrir o paritorio" e que a súa loita "será conseguir os pediatras e buscalos onde sea”. Este xoves reúnese con un e falará con outros dous.
Agulla deu a cara aos traballadores e cidadáns encerrados no hospital. Durante a súa visita pediulles "unha marxe de confianza" e reafirmou que o seu obxectivo é "reabrir o paritorio". Ademais, pediulles, se é posible, que deixen o encerro porque considera que "un hospital non é o lugar máis adecuado". Pola súa banda, Aurora Sola, da Plataforma en defensa da Saúde de Monterrei, díxolle que se alegra das boas intencións pero que o "peche" non rematará ata que se solucione a situación. Tamén que "molestarán o menos posible" e que lle darán a marxe de confianza. Tamén lle pediron que arranxe o "dano" que consideran que se lle fixo aos médicos cando "dubidan da súa profesionalidade" e solicitaron a dimisión de Consuelo Balado, a subdirectora de Enfermería, que dixo "non leva semanas".


Paula Trabazos Vidal
2º de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-01-2020 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal