Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Emoji é elixida palabra do ano 2019

Os emoticonos e emojis alzáronse coa distinción de palabra do ano que concede desde fai sete anos a Fundación del Español Urgente, promovida pola axéncia Efe e BBVA.

Tras elixir escrache no 2013, selfi no 2014, refuxiado no 2015, populismo no 2016, aporofobia no 2017 e microplástico no 2018, o equipo da Fundación optou nesta ocasión por destacar o papel destes pequenos símbolos na comunicación.

O seu innegable impacto na nosa vida cotiá, as súas interesantes relacións co resto dos elementos que conforman a comunicación (palabras, frases, signos de puntuación…) e as perspectivas que se abren de cara ao futuro levaron á Fundéu a ceder aos emoticonos e aos emojis a distinción de palabra do ano.

A aparición na década de 1990 dos emoticonos e a súa evolución xa no século XXI cara aos emojis supuxeron un cambio evidente no modo de comunicarnos. Nun mundo marcado pola velocidade, os emoticonos achegan axilidade e permítennos engadir matices gestuales e de intención que doutro xeito se perderían. Ademais moitos deles teñen o valor da universalidade, o de poder ser entendidos por persoas de moi diferentes culturas e linguas;poida que os emojis sexan o máis próximo a unha linguaxe universal que creou nunca a humanidade”.Desde o punto de vista da lingua, o uso destes pequenos elementos expón reflexións e retos moi interesantes que xa se empezan a abordar nas obras académicas: como usalos en textos xerais, como interactúan co resto das palabras, cos signos de puntuación…
A Fundéu BBVA é unha institución sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é promover o bo uso do español, en especial nos medios de comunicación. A elección da súa palabra do ano, que chega neste 2019 á súa sétima edición, é o froito dos debates dos seus integrantes, filólogos e xornalistas, tras un ano de traballo coa linguaxe máis relacionada coa actualidade informativa.



Susana Velasco Martínez
2º de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2020 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal