Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un home morre por disparos da Policía despois de apuñalar a dous axentes, un deles galego, en Vallecas
Un home duns 50 anos e con múltiples antecedentes por violencia de xénero morreu na madrugada deste domingo tras ser abatido por disparos da Policía despois de apuñalar a dous axentes na rúa Caranavajos número 12, no distrito madrileño de Villa de Vallecas, segundo informou un portavoz da Xefatura Superior de Policía Nacional. Un dos policías feridos é de orixe galega, concretamente de Vigo, e ao mediodía atopábase xa dado de alta e recuperándose das feridas.O 091 recibiu unha chamada ás 02.25 horas dunha muller alertando de que o noivo da súa filla estaba á ameazar con queimala viva no seu domicilio, portando un coitelo. Ao lugar presentouse unha patrulla da Policía Nacional que acompañou á nai á vivenda. Ao abrir a porta, os axentes ven como o noivo da súa filla abalánzase sobre eles cun coitelo, segundo informa Europa Press.O home abatido logrou acoitelar a un dos policías entre o pescozo e a cara, caendo o axente ao chan, e tamén feriu o seu compañeiro no tórax, moi preto da clavícula.Para evitar que a agresión continuase, o policía que caeu ao chan disparou a súa arma regulamentaria contra o individuo, que faleceu practicamente no acto.
Os axentes foron atendidos polo Samur-Protección Civil e o policía ferido na boca foi trasladado grave ao Hospital 12 de Outubro, onde evoluciona favorablemente. Espérase que reciba a alta nas próximas horas. Mentres, o axente de orixe galega, apuñalado preto da clavícula, foi derivado co mesmo prognóstico ao Hospital Clínico San Carlos, onde foi dado de alta. Fuentes policiais explicaron a Europa Press que o home abatido contaba con múltiples antecedentes por malos tratos e quebrantamento de condena.Desde o Sindicato Unificado de Policía (SUP) destacan que os policías puideron salvar a súa vida porque levaban chaleco antibalas, que os protexeu da arma branca.

Paula Vázquez 1ºB nº19
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-01-2020 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal