Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ao mercado da vivenda sálguenlle engurras
Case 245.000 vivendas de maiores de 65 alagarán o mercado en Galicia nas próximas décadas, aínda que moitas delas se sitúan en localidades que se están quedando desertas.
Si en algo coinciden os expertos é en que un dos grandes problemas do mercado inmobiliario en España, xa sexa en propiedade ou en alugueiro, é a escaseza na oferta. Unha carestía de vivenda que provoca tensións de prezos, especialmente nas grandes cidades e as súas áreas metropolitanas. E, aínda que as cifras de visados e licenzas non auguran unha explosión da construción residencial nos próximos anos, hai unha bolsa de vivenda da que ninguén fala e que podería supor un revulsivo para o mercado. Son as casas dos baby boomers, esa xeración nada a mediados do século pasado que ameaza a sustentabilidade do sistema de pensións pero que conta cun vasto patrimonio inmobiliario. Só en Galicia, segundo os rexistros oficiais, hai case 245.000 vivendas (un 23 % do parque da comunidade) que están en mans de maiores de 65 anos e que irán saíndo ao mercado ao longo das próximas décadas.Non só por lei de vida, senón tamén por esa tendencia que en inglés se denomina downsizing e que, traducido, non sería outra cousa que a decisión, moi habitual nesas idades, de vender a casa para mudarse a outra máis pequena, que non só se axusta máis ás necesidades dese período vital, senón que permite xerar un pequeno remanente que administrar como aforro durante o retiro.


Raquel González Castro
Número 8
1Bacharelato B

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2020 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal