Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha planta de compostaxe de Arteixo leva 73 días ardendo:

Os veciños quéixanse polas molestias do fume, e a empresa acumula denuncias dende hai 10 meses.

Parecía un incendio como tantos, dos grandes, que fixo redobrar esforzos aos bombeiros pero onde non se lamentaron danos persoais. Declarouse o 29 de outubro do ano pasado nunha parcela anexa ao polígono de Sabón, en Arteixo . O motivo do incendio obedecía a causas intrínsecas á propia actividade, ao tratarse dunha planta de compostaxe.

Pero o paso dos días demostrou que o incendio non era un de tantos. Porque, polo menos ata onte, seguía humeando e contaminando a contorna a capricho do vento. «Hai veces que o fume che levanta dor de cabeza e tes que pechar as ventás», sinala Cristina Cerviño, limpadora no centro Agarimo. Os veciños máis próximos padecen esta fumareda e incluso este xoves rexistráronse novas chamas na planta, xestionada pola empresa Investimentos Castro Veira. «Non sabemos si removeron de novo os restos queimados ou foi o vento, pero a empresa debe pór fin a esta situación xa mesmo», espetaba onte o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo.

Ademais, a zona da fumareda coroa un montículo onde se atopan os colexios de Arteixo, que tamén ven afectados. Pero despois de semanas en que os veciños deste municipio levan sinalando á planta de residuos con indignación, a Xunta desvela que xa estaba a ser investigada bastantes meses antes de producirse o incendio.

Os bombeiros e o Seprona recomenzaron desde o primeiro día non tocar os restos calcinados para que se fosen consumindo aos poucos. Pero este xoves os propios veciños incendiaron as redes sociais ao publicarse fotografías desta mesma semana nas que se vían novas chamas na planta. A mediados de decembro, aos despachos da Consellería de Medio Ambiente chegou o informe de inspección ambiental realizado con motivo do incendio. E só un día despois impúxose a primeira multa coercitiva, rexeitada de novo porque os propietarios son tan volátiles como o fume. «Estase a analizar a situación aos efectos de valorar a adopción de novas actuacións contra a empresa denunciada», din desde a Xunta.


Noa Varela Varela
1º B/ nº18
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2020 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal