Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

"Grandarroiba" ou o rural máis íntimo
O debuxante de banda deseñada Cristian F. Caruncho publica o seu primeiro
traballo longo con Demo editora. Chámase Grandarroiba e capta a alma do
rural galego que habita no imaxinario do creador.
Cristian F. Caruncho é coñecido entre o público dos festivais galegos como
vendedor de banda deseñada, autoeditada por el. Esta semana, o seu primeiro
cómic longo, Grandarroiba, chega ao xeral das librarías galegas baixo o selo
Demo editora, coa que xa publicara na antoloxía Licor Café, libro colectivo no
que colaboraban 13 novos creadores da banda deseñada galega.
Imbuído por total liberdade creativa, o guión inicial de Grandarroiba foi
medrando das 15 páxinas pensadas até as 56 que finalmente tivo. O libro
segue a traxectoria dun home que vive no profundo da montaña, na parroquia
do Couzadoiro (Ortigueira), da que Caruncho é natural. Desde os sete anos até
os 50, mostra a relación desta solitaria personaxe coa veciñanza e a súa
mudanza de personalidade, unha historia de marxinalidade que se cadra non
lle é tan intrínseca.


Ricardo Tornero Belloso
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-12-2019 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal