Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A IA cóase no ecosistema universitario
David Olivieri é profesor da Escola Superior de Enxeñaría Informática na Universidade de Vigo, no campus de Ourense. Afirma que a maioría dos traballos académicos e comerciais están dedicados á intelixencia artificial estreita, con poucos grupos dedicados a problemas teóricos da intelixencia xeral.Recalca que os algoritmos de intelixencia artificial desenvólvense desde dúas perspectivas opostas: baseada en modelos ou baseada en datos. «O éxito nos métodos baseados en datos usando os DNN foi tan excepcional que cambiou fundamentalmente a forma en que os profesionais da universidade abordan e resolven as tarefas de recoñecemento de patrón e predición automática», sinala. O novo paradigma DNN «tivo uns efectos profundos incluso na miña propia investigación, onde traballei en problemas moi diversos, desde a análise xenómica ata o recoñecemento de patróns de imaxes, audio e linguaxe, todo con case os mesmos algoritmos e técnicas de software». Pero algúns resultados son fráxiles. «Para mellorar radicalmente a IA estreita actual para que as súas predicións sexan máis fiables, estes sistemas necesitarán ter unha comprensión contextual máis profunda. Talvez a IA baseada en modelos desempeñe un papel esencial e sexa a técnica dominante no futuro», di. «O problema de atopar o algoritmo mestre é similar ao da materia escura en cosmología; sabemos que ten que existir, en principio, pero non temos unha idea real de como describir a súa natureza ou estrutura», afirma.

Paula Vázquez 1ºB nº19
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-12-2019 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal