Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Que ben te vexo!
Boas amigXs.
Onte escoitei unha conversa entre, penso eu que dúas coñecidas, que facía tempo que non se vían.
“… Que ben te vexo! Baixaches! Canto me alegro! Mira que empezaba a preocuparme por se estabas doente, incluso llo comentara ao meu home. Mira que es boa moza pero xa se empezaba a esconder a fermosura detrás da gordura e non valías para ver!...”
e xa non continúo… pero, a pesar da crueldade das verbas, deume para pensar.
Primeiro, un voto a favor da señora porque se ve, que a pesares de que a outra persoa comezaba a estar entrada en quilos, esta non lle dixera nada. O típico de: “como engordaches!”. Amosa certo grao de cultura. Pero, canto de hipócritas temos.
Escoitamos a miúdo, “a aparencia non o é todo”, “o importante está no interior”, “non se pode xulgar polo físico”... e así podería continuar case que ata aburrirme. Pois non, sinto disentir. Si se xulga polo físico e polo que se ve a simple vista. É o primeiro que entra polos ollos e, para ben ou para mal, é o primeiro que ven os que están diante nosa. Di miña nai, “como te ben, te tratan” e ten toda a razón e, nesta sociedade egoísta, hipócrita, malvada, enganosa... máis aínda. Que o intelecto é moi importante, pois claro! Solo faltaría! Para que non vamos enganar. Pero se ben acompañado dun porte, dunha aparencia, dun saber estar... tes todas as cartas da baralla da túa parte.
Fixádevos, un exemplo máis: cando nunha empresa necesitan dar a coñecer un produto, a quen poñen en primeira liña? Incluso para os produtos adelgazantes. Nas cristaleiras das tendas de roupa, centros comerciais, anuncian tallas da 40 á 58 e resulta que o manequín é unha 36 ou 38, como moito. Preguntas e a resposta é “... unha manequín grande non gusta, non vende”. Cando necesitan facer unha grande presentación ao público, que chegue a un sector da poboación moi amplo e concreto, as empresas buscan perfís concretos e sinto, pero reitérome, guapXs, atléticXs, con capacidade comunicativa, don de xentes... non se ven “cadros” nin “caricaturas pintadas”, nin máis buracos que cos que se naceu.
É así. E nas xeracións que nos preceden, avós, pais, e das que bebemos, esta realidade é moi frecuente. A de xulgar aos demais pola aparencia e por outras circunstancias que acompañan: como visten, como se moven, se fuman, de quen se rodean, en que ambientes se moven... Inflúe, ao meu modo de pensar e principalmente, a disposición social, o ambiente e o traballo no que se desenvolveron ou desenvolven. Tamén, como non, as circunstancias persoas que lles tocou vivir (a guerra civil, por exemplo...). A mentalidade deriva do coñecemento, da cultura, da realidade que te rodea e na que te moves. Aínda que o primeiro que ves é o primeiro que percibes, non é menos certo que aprendes a non xulgar por esa primeira impresión.
Pero, non é menos certo que, o que está do outro lado, tamén pode poñer un pouco da súa parte. E refírome a que non se pode botar toda a culpa de todos os teus males á sociedade: “...son os demais que non me entenden”, “son os outros que teñen prexuízos”, “non me dan a oportunidade”... As cousas non veñen por si soas. Hai que buscalas e loitar por elas e as que verdadeiramente valen a pena, costan esforzo e sacrificio. Pena daquel ao que todo lle vén dado! Non te agoches na culpa allea e busca a solución. Seguro que podes poñerlle remedio e abandonar o bando dXs perdedores. Porque si, son os perdedores, ou así se consideran.
Os demais non te refusan sen máis. Algo estás facendo. E non só vale aquilo de ordes unidireccionais de “... ser inclusivXs”, “darlle unha oportunidade”... Se sentes o rexeitamento, se todo o mundo pensa e obra por igual... non cres que ao mellor, e solo ao mellor, o problema está en ti? Pero tamén a solución está en ti. Solo tes que modificar as túas actitudes, pouco a pouco, con calma, sen apuros. “Non se conquistou Roma nun solo día...” pero conquistouse.
Non pretendo ser ruín, tan solo quería facer unha reflexión en voz alta.
En calquera caso: “... que cada quen faga da súa vida un pandeiro”
Por certo, hoxe, 8 de decembro de 2019, remata o cume da COP25 en Madrid. O cume polo cambio climático. A Conference of the Parties (Conferencia das Partes) número 25 (a primeira tivo lugar en Berlín en 1995). Esperemos que cheguen a acordos que nos permitan modificar as nosas actitudes para vivir en harmonía co noso planeta. Tomemos conciencia, retornemos á vida sen aditivos. Non podemos impedir o avance da técnica pero si podemos conxeniar progreso e natureza; soamente temos que aplicar ese progreso en favor da vida saudable.
Apertas e perdón pola extensión. Ata a semana vindeira e coidarse!



Clara María Domínguez Iglesias
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-12-2019 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal