Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O pasado 3 de decembro celebrouse o Día Internacional da Discapacidade, este ano co lema “SOS Soidade - Eu tamén conto” que quere por de manifesto o illamento social que sofren moitas das persoas con discapacidade, especialmente as mulleres. Unha de cada sete persoas sofre algún tipo de discapacidade que pode ser unha deficiencia física ou mental , como a discapacidade sensorial, cognitiva ou intelectual, a enfermidade mental ou varios tipos de enfermidades crónicas. Polo que se pode dicir que este é un problema de todos.
Dende a primeira vez que se celebrou este día alá polo 1992, foron moitas as metas acadadas tanto a nivel de integración , educación ou accesibilidade pero aínda queda moito por facer. Son moitas as persoas con esta problemática as que cada día se atopan con barreiras, tanto arquitectónicas coma sociais, que lle impiden ter unha vida autónoma e libre, para poder escoller o camiño que queren seguir na súa vida.
A sociedade debe concienciarse e comprometerse para lograr que os discapacitados teñan os mesmos dereitos e que exista unha inclusión de todos eles en todos os aspectos da vida social, política, económica e cultural. Y esperamos que a celebración de días coma este non debe quedar nunha de tantas noticias que escoitamos cada día senón que debería servir para sensibilizar ao público en xeral acerca da importancia da inclusión e da igualdade.



Jaime Eiriz Castro
2º de Bacharelato


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-12-2019 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal