Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Arabia Saudita pon en liberade a unha ducia detidos co obxectivo de limpar a súa imaxe a nivel internacional
Arabia Saudita puxo en liberdade a unha decena de activistas e presuntos disidentes arrestados o pasado mes, segundo confirmou unha das organizacións que controla a situación dos dereitos humanos no territorio árabe.

Os detidos recuperaron a liberdade pero as investigacións continúan abertas. Non hai acusacións pero están sendo investigadas por recibir cartos de países estranxeiros como Qatar ou pola coordinación con organizacións de carácter hostil como Amnistía Internacional.

Entre os alcanzados pola campaña, atópanse diversos académicos, blogueros e activistas que denunciaron a existencia de presos políticos no país ou colaboraron en varias cabeceiras saudíes.

Aínda que algúns deles foron liberados baixo fianza, o pasado mes de abril, unha nova onda de detencións alcanzou unha ducia de defensoras dos dereitos das mulleres, incluídos dous cidadáns con cidadanía estadounidense.

A liberación desta decena de activistas prodúcese nun momento no que Arabia trata de recuperar o crédito internacional. O país acaba de asumir a presidencia do G20. Un cargo de relevancia que Amnistía Internacional solicita responsabilizarse das infraccións. "Os líderes do G20 non deben seguir ignorando o terrible rexistro de dereitos humanos de Arabia Saudita polos seus lucrativos lazos comerciais", dixo Heba Morayef, directora rexional de Amnistía nun recente comunicado. "


Lucía Nieto Cancho
2º de Bacharelato/nº20


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-12-2019 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal