Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A quebra de Pescanova busca culpables
Seis anos longos tardou a Xustiza española en tratar de determinar quen tivo a culpa da quebra do grupo Pescanova no 2013. Tras unha longa investigación xudicial, dilatada por eternas comisións rogatorias a paraísos fiscais, o xuízo aos acusados dun desfasamento contable que deixou un buraco de 3.600 millóns de euros, atrapou a máis de 9.000 pequenos accionistas e levou ao grupo pesqueiro ao bordo da liquidación arrinca hoxe, ás 10 da mañá, na sede da Audiencia Nacional de San Fernando de Henares, onde se celebran as macrocausas. A sección cuarta da Sala do Penal da Audiencia Nacional é quen xulga a causa, na que, segundo fontes xudiciais hai ao redor de 1.800 acudidos, unha cifra que aínda podería ser maior, xa que os avogados da acusación prevén que se sigan sumando afectados ata o día da sentenza.
Estas fontes explican que os embargos executados aos procesados superan os 150 millóns de euros, entre diñeiro e bens patrimoniais. O proceso que hoxe arrinca prevé a comparecencia de máis de medio centenar de testemuñas, aínda que fontes da acusación aseguran que non serán estes testemuños, senón os informes periciais, os que resultarán claves para determinar as responsabilidades.
O informe forense de KPMG, que foi a base sobre a que se sustentou toda a investigación xudicial, sumáronse nas últimas semanas dous novos documentos, que presentará a acusación do fondo de investimento Luxempart: un informe pericial económico, asinado por Accuracy; e un segundo estudo rubricado polo profesor doutor Germán López Espinosa, catedrático de Economía Financeira e Contabilidade, ambos os encamiñados a probar as supostas deficiencias da labor auditora de BDO en Pescanova.Fuentes do proceso que se abre ás 10.00 coa formulación de cuestións previas (non se esperan declaracións de acusados hoxe) prevén un xuízo longo, no que as partes tentarán alongar o procedemento, cuxa data de conclusión estímase para finais de marzo.



Marta Rodríguez Conde
2º de Bacharelato



Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-12-2019 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal