Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Interceptan en Cangas un narcosubmarino con máis de 3.000 quilos de cocaína
A comarca do Morrazo amenceu hoxe blindada por forzas e corpos de seguridade do Estado tras interceptarse na parroquia de Ou Hío (Cangas) un narcosubmarino que embarrancó de madrugada nunha zona coñecida como Punta Couso. Este transporte non puido ser reflotado, pero estímase que no seu interior hai máis de tres toneladas de cocaína. Agora mesmo hai mergulladores dos GEAS que están a valorar a situación do semisumergible.Ademais da detección e incautación da nave, producíronse dous arrestos e búscase a unha terceira persoa. A operación é un traballo conxunto da Unidade de Drogas e Crime Organizado ( Udyco) de Pontevedra, o Grupo de Resposta Especializada contra o Crime Organizado (Greco) da Policía Nacional, o Equipo contra o Crime Organizado (ECO) da Garda Civil e o Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA). Como complemento, Salvamento Marítimo destacou un equipo na ría de Aldán para os labores de rescate da nave.

A operación leva tempo en marcha e de feito Policía Nacional, Garda Civil e SVA seguían á embarcación desde hai tres días. Ao parecer, saíu de Portugal para facer a descarga da droga nalgún punto da fronteira con España, pero finalmente non se produciu; o barco tivo problemas de combustible e aínda que chegou ata Fisterra, volveu baixar. No narcosubmarino foi detido un home e outro na praia de Foxos. Ambos son de orixe ecuatoriana. Non hai datos da terceira persoa que están a buscar na comarca do Morrazo. Segundo as primeiras investigacións, a tripulación do submarino tentou afundilo antes de abandonalo xa fronte aO Morrazo, para evitar que collesen o alixo. Posteriormente, os tripulantes saltaron á auga.

Crese que os narcos querían executar a descarga nese punto preciso no que se perde o submarino; fontes coñecedoras sospeitan que os receptores podían estar por esa zona da costa.

Paula Vázquez 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-11-2019 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0