Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Creatividade e unión contra as violencias de xénero

De norte a sur e de leste a oeste a mensaxe é unánime na Costa da Morte: Nón á violencia de xénero. Un rexeitamento que, dende a unión, se está poñer de manifesto de formas moi diferentes e tamén creativas.

Dende o Concello de Vimianzo fan un chamamento á veciñanza para formar mañá, ás 12.00 horas, na Praza do Concello, un "xigantesco lazo de cor violeta rodeado dun cadrado de cor negra", segundo informa a concelleira de Igualdade, María José Pose.

Ao acto sumaranse a xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, Maribel Álvarez e deputada socialista Pilar Cancela. Prégase asistir vestidos de negro e con paraugas desta cor.

Pola súa banda, en Dumbría, no marco da campaña En Negro contra as violencias machistas veñen desenevolvendo en tódalas casas culturais e nas instalacións deportivas actividades de concienciación sobre esta realidade, traballando con nenos e nenas, mozos e mozas e con persoas adultas e maiores.

En Buño (Malpica) celebrarán hoxe un café coloquio con Inés Carballo e Beatriz Guerra promovido pola asociación Visibles. Comezará ás 17.00 horas no Centro Comarcal e os asistentes poderán debater e compartir experiencias.

Pola súa banda, Carballo e Cee acollerán mañá varias concentracións. Na capital de Bergantiños terá lugar na Praza do Concello ás 12.00 horas, e na vila da Xunqueira, tamén ao mediodía concentraranse e leran unha declaración instucional. Pola tarde, ás 20.30 horas na Praza 8 de Marzo, a Organización Feminista Buserana organizou outro acto baixo o lema Se é machista non é xustiza.

Iván Abad Álvarez
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-11-2019 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0