Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Todos os paxariños da Galiza, debuxados
A lavandeira voa espasmódica sobre a superficie da auga.
Descende veloz como en dirección a se mergullar, roza
rasante a tensa película do río, bícaa, e a súa traxectoria
remonta cara ao ceo. É unha ave pequena, de plumaxe
branca e negra, e que anuncia o tempo frío. Na Galiza é
común, e é tamén unha das 33 protagonistas da Guía
definitiva das aves da Galiza, promovida polo ornitólogo
Nacho Munilla e o debuxante Pancho Lapeña.
O volume, que acaba de conseguir financiamento a través
dunha campaña de micromecenado, naceu hai cinco, seis
anos. Lapeña remitía un debuxo diario aos amigos e
amigas vía whatsapp. "Un día enviou un paxaro", relata
Munilla a Nós Diario, que non lembra que paxaro, "e eu
respondínlle imaxino que cun pequeno poema. Entramos
nun xogo, unha especie de pimpón".


Ricardo Tornero Belloso
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-11-2019 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal