Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Falece atropelado en Redondela un home de 80 anos que paseaba por unha vía sen beiravía.
Tras o suceso, ocorrido pouco antes das 11.30 horas, o condutor do vehículo foi sometido ás probas de alcol e drogas nas que deu negativo.


Un home de oitenta anos faleceu está mañá como consecuencia dun atropelo ocorrido pouco antes das 11.30 horas na parroquia de Ou Viso, no concello de Redondela. Supostamente saíu a dar un paseo atravesando por unha vía que, aínda que é bastante utilizada polos habitantes do lugar para ir á tenda do pobo ou ir a casa dalgún veciño ao estar a uns dous quilómetros do Camiño de Santiago, non ten beiravía. Pero no medio do camiño foi alcanzado por un vehículo, golpe que acabou provocándolle a morte. Fuentes de Protección Civil apuntaron que o condutor do coche implicado foi sometido ás probas de alcol e drogas, nas que deu negativo. Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos sanitarios en dúas ambulancias, unha asistencial e outra medicalizada, que trataron de reanimar ao home. Con todo, tal e como informa o 112 Galicia, nada puideron facer por salvarlle a vida. Ademais do persoal médico, interviñeron no punto a Garda Civil de Tráfico, os bombeiros de Vigo e Baixo Miño e a Policía Local. Protección Civil procedeu á limpeza dos restos do turismo que había na vía tras o ocorrido.


Alejandro Fernández Blanco
1º BACH A

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-11-2019 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal