Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O OURENSÁN XIÁN BOBILLO: EMBAIXADOR DA PALABRA
Xián Xosé Bobillo Bermejo ven de ser galardoado pola Fundación César Egido Serrano co título honorífico de Embaixador da Palabra que recibirá o día 23 de novembro no Liceo Ourensán.
A Fundación César Egido Serrano creouse para propor que a palabra sexa o medio para facilitar a convivencia entre culturas e relixións fronte a toda a toda forma de violencia. O Museo de la Palabra é a súa principal ferramenta para conseguilo e o seu obxectivo principal é poñer en valor un concepto básico: “ A palabra é o vínculo entre os pobos e a linguaxe é a estrutura que nos une e nos diferenza coma seres humanos” polo tanto con dialogo e un uso axeitado da mesma podemos fomentar a cultura e lograr o entendemento entre os pobos.
Esta fundación organizadora do certame de Microrrelatos homónimo máis prestixioso do mundo , en conmemoración co Día Mundial da Palabra que se organiza cada 23 de novembro, tivo a ben outorgar o título honorífico de Embaixador da Palabra a unha persoa cuxa vida e carreira profesional son unha mostra de traballo e preocupación continua por fomentar uso da palabra escrita e oral. Os seus alumnos, damos fe da súa entrega en corpo e alma ,a esta tarefa; pois é un deses mestres de vocación, que cada día intenta motivar aos seus alumnos no cultivo da palabra como ferramenta para calquera disciplina e para o seu desenrolo como persoas. Por isto, e por todos os seus coñecementos da lingua, Xián Xosé Bobillo Bermejo é máis que merecedor de tal loábel título; polo que soamente queda darlle a máis sincera nora boa e as grazas por ser o noso mestre durante todos estes anos nos que conseguiu que perderamos o medo a falar en público e a querer máis a nosa lingua materna.
Grazas.



Jaime Eiriz Castro
2º de Bacharelato


Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-11-2019 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal