Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Donald Trumpa apoia a dimisión de Evo Morales tras a presión que está a exercer o exército boliviano
Fotografía de Evo Morales durante un dos seus discursos
O presidente estadounidense, Donald Trump, celebrou este luns a dimisión de Evo Morales tras a presión que está a exercer o exército boliviano. O representante republicano no poder, comunicou que a a saída do poder do presidente boliviano envía unha forte mensaxe "aos réximes ilexítimos de Venezuela e Nicaragua" de que a democracia prevalece.

A declaración chega ao día seguinte de que o ex-presidente, renunciase á posición no medio de protestas masivas contra a súa Administración e abandonadas polas Forzas Armadas.O pasado luns 12 de novembro Evo Morales aceptou a oferta do presidente mexicano López Obrador de concederlle asilo.

Morales considera ser vítima dun golpe de estado obviando as case tres semanas de manifestacións que intensificáronse o pasado domingo cando a Organización dos Estados Americanos fixo pública documentación das eleccións do 20 de outubro nas que Morales era reelixido. As investigacións revelaron que había irregularidades no proceso electoral polo que recomendábase unha volta as urnas. A reacción de Morales respecto asa acusacións de corrupción foi positiva, cun posicionamento a favor dunha repetición. Posteriormente Morales convocou un referendo en 2016 para preguntarlle á xente se querían que presentase un terceiro mandato. O resultado foi negativo, o Tribunal Constitucional cambiou as normas para que puidera aparecer na votación.

A visión de Morales respecto a súa situación non coincide con aqueles que consideran que o pobo boliviano contaba coas probas suficientes para o do seu goberno, é a vontade dos cidadáns. A pesar das opinións contrarias o único expresado pola organización internacional é o rexeitamento de "calquera saída inconstitucional á situación".



Lucía Nieto Cancho
2º de Bacharelato/nº20


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-11-2019 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal