Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Iberia compra Air Europa por 1.000 millóns de euros para facer de Madrid un gran ' hub' europeo
O centro de operacións de Madrid de IAG transformarase nun "verdadeiro rival" para os catro centros máis grandes de Europa: Ámsterdam, Frankfurt, Londres Heathrow e París Charles De Gaulle.

Globalia, dona de Air Europa, anunciaron a compra por parte de Iberia desta última por 1.000 millóns de euros, segundo anunciou este luns o holding aéreo.
Air Europa manterá a súa marca, será un centro de ingresos autónomo dentro de Iberia. Dende o punto de vista estratéxico, o obxectivo é converter o aeroporto de Madrid-Barallas, onde Iberia ten a súa sede, en "un gran hub europeo" que rivalice cos de Ámsterdam, Frankfurt, Londres Heathrow e París Charles De Gaulle, que son máis potentes. Air Europa foi a primeira compañía privatizada para voos domésticos en España e que cobre roteiros europeos, de América Latina e de Estados Unidos.
Un hub é o centro de conexión que as aerolíneas establecen nos aeroportos e que permite a distribución dos pasaxeiros facía os diferentes destinos. Estes centros de conexións achegan un importante peso económico nas rexións nas que se sitúan.
IAG (o quinto grupo europeo por número de avións, por detrás de KLM- Air France) pretende tamén liderar os roteiros entre Europa e América, onde Iberia aínda non lograra posicionarse. Con esta operación Iberia gaña 24 roteiros transatlánticos.

Dos 20 aeroportos máis grandes de Europa, Madrid ocupa o número 19 en canto ao número de destinos ofrecidos. O obxectivo é que, tras a operación, increméntese o número.
A incorporación de Air Europa a IAG permitirá xerar máis tráfico e por tanto máis destinos e máis avións.
Competencia terá que sopesar a operación, debido a que Iberia e Air Europa, cando se unan, pasarán a controlar de forma exclusiva algunhas dos roteiros. Xuntas acapararían o 72% dos pasaxeiros do mercado de voos nacionais, polo que se recortaría a competencia.

Valeria Labandeira Reimondez
4 ESO B



Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-11-2019 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal