Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A LOUSA GALEGA, EMBLEMA DE SUSTENTABILIDADE E INNOVACIÓN QUE CONQUISTOU O MUNDO
A lousa galega converteuse nos últimos anos nun distintivo de excelencia da marca Galicia no exterior. E non é para menos, xa que é a comunidade líder dentro do sector en todo o territorio nacional e a que máis exporta ao ámbito internacional.
Este material nobre, que se utiliza en innumerables recursos construtivos, ten cada día máis presenza fóra das nosas fronteiras, xa que aproximadamente un 90% destínase a exportacións. En 2018 exportáronse desde España 453.075 toneladas a 52 países dos cinco continentes. Francia e o Reino Unido son os que máis demandaron a nosa lousa, concretamente 191.513 e 139.818 toneladas respectivamente, e tamén Alemaña, país ao que exportamos 59.904 toneladas.

E é que a lousa é un material dun valor excepcional que xorde da propia natureza e conta cunhas características técnicas inigualables. A súa inmellorable calidade permite utilizala tanto en cubertas como en pavimentos interiores e exteriores, revestimentos, fachadas ventiladas e tamén como elemento decorativo que imprime ás construcións unha personalidade única. A súa gran resistencia e durabilidade, superior aos 200 anos, fan dela a alternativa máis eficiente e unha opción alcanzable, porque o seu mantemento é sumamente sinxelo. A súa limpeza só require auga e as súas placas son facilmente sustituibles e reemplazables. Ademais, é un excelente illante térmico que contribúe a dotar aos espazos dun ambiente confortable.



Paloma González González
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-11-2019 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0