Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha nova clase de fármacos para a hemicrania sen cura
A sanidade pública inclúe desde esta semana dous novos medicamentos para persoas con cefaleas ás que non lles funcionaron os tratamentos convencionais.

O 10% da poboación sofre hemicrania. Só en España preto dun millón de persoas padecen máis de 15 días ao mes unha dor de cabeza intenso e incapacitante que ás veces vai acompañado de náuseas, alteracións visuais ou sensación de entumecimiento. Boa parte dos tratamentos para combater a doenza eran medicamentos preventivos.

Desde esta semana, nos hospitais españois poderanse administrar dous novos fármacos creados especificamente para bloquear a hemicrania que ofrecerán a posibilidade de librarse de máis da metade dos seus ataques a algúns dos que padecen a enfermidade.

Trátase de dous fármacos do tipo dos anticorpos monoclonales que se fixeron famosos no tratamento do cancro. No caso da hemicrancia durante os ataques prodúcese un incremento dun neuropéptido, o CGRP, que se relaciona coa doenza. Os novos medicamentos bloquean con distintos mecanismos o encaixe desa molécula coas células e reducen o número de episodios nun 50% ou máis.

Estas novas ferramentas, caras como moitos fármacos innovadores, non se darán en principio a todos os pacientes. Estes medicamentos, que teñen un prezo que rolda os 500 euros ao mes, aplicaríanse no hospital cunha picada mensual na pel.
A aparición destes novos medicamentos , pode tamén axudar a refinar o coñecemento da enfermidade e as súas causas. As opcións para os migrañosos crecen e os especialistas esperan que estas novidades sirvan tamén para que os afectados pola enfermidade coñezan tamén os tratamentos máis convencionais que poden axudarlles e ata o de agora moitos ignoran.

Valeria Labandeira Reimondez
4 ESO B

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-11-2019 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0