Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Amantes dos cogumelos e os fungos saíron cun micólogo ó monte en Touro
Amantes dos cogumelos e dos fungos de Touro e chegados tamén doutros puntos da comarca de Santiago participaron o sábado nas XV Xornadas Micolóxicas. A actividade comezou arredor das dez da mañá no Centro de Interpretación do Río Ulla de Touro e na casa da cultura. Alí concentráronse os interesados en participar na xornada, máis dunha trintena de persoas, e foi o micólogo Jaime Blanco o encargado de impartir una charla sobre o mundo dos cogumelos. Esa explicación foi eminentemente práctica e serviulle aos amantes dos fungos para saír ao campo na procura de setas. A eso das once e media desprazáronse ata a parroquia de Fao, donde os asistentes comezaron as tarefas de búsqueda de cogumelos. Durante a mañá non caeu auga e todos puideron aproveitar ao máximo a xornada micolóxica. Os participantes atoparon moitas variedades de cogumelos e fungos e o micólogo foi o que sobre o terreo se adicou a explicar as características de cada unha das capturas. Despois da comida os participantes acudiron de novo ao Centro de Interpretación do Río Ulla para clasificar o recollido.

Iván Abad Álvarez
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-11-2019 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0