Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os magostos de Ourense viaxan á Galicia castrexa
Este sábado, a Alameda do Bispo Cesáreo viaxou atrás no tempo para remontarse aos anos da civilización celta en Galicia. Non foi en castros, senón dentro de dúas carpas brancas, onde o Espazo Galaico cobrou vida para gorecerse das inclemencias da choiva. Paco Boluda, un dos organizadores, mostrábase satisfeito: «Os galaicos non eran homínidos e eu entendo que o Concello fai esta festa porque queren entroncar os magostos coas súas raíces».Gonzalo Pérez Jácome, que durante a mañá asistiu ao acto da Denominación de Orixe Ribeiro na Praza Maior, fixo unha alegación a favor do viño como activo da provincia. «Ourense é a única de España que ten catro Denominacións de Orixe», sinalou, e mostrou a súa esperanza de que «isto vaia a máis en cada San Martiño». Na mesma liña mantivo o seu discurso en relación ao asentamento do poboado celta na Alameda. «É unha vella idea de Democracia Ourensá, e paréceme que está perfecto. Creo que é bastante coqueto», dixo Jácome. A intención do rexedor é que se repita nos próximas edicións das festas. «O ano que vén, máis e mellor», declarou. A iniciativa foi recibida polos veciños e turistas con certa sorpresa. De feito, algúns ourensáns non sabían que se ía levar a cabo.Mentres tanto, Rafael, Manoli, Conchi e Manuel, catro andaluces de paso por Galicia durante doce días e con base en Cuntis, daban o visto e prace á proposta. «Paréceme ben que se recorde a historia, de onde vimos», dicía Manuel. As visitas a zonas de augas termais foron o seu aliciente para vir ao noroeste peninsular.


Raquel González Castro
Número 8, 1B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-11-2019 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0