Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Deputación de Ourense pecha a súa web tras ser vítima dun hacker que desviou fondos de subvencións
A Deputación de Ourense viuse obrigada a bloquear o acceso á súa páxina web. Leva varios días inactiva. É unha das medidas de seguridade que tivo que tomar tras ser vítima dun ataque informático: un hacker logrou desviar o diñeiro de subvencións destinado a diferentes asociacións da provincia a outras contas. Nestes momentos está en marcha na Deputación «unha investigación a todos os niveis», segundo indican desde o propio organismo.

A detención do suposto infractor realizouse o venresO ataque informático á institución presidida por José Manuel Baltar fíxose público tras a detención do presunto responsable da estafa bancaria. José Lucas Cruz Barreira, representante en Europa do fondo de investimentos HMK Holding, foi arrestado o pasado venres en Las Palmas de Gran Canaria en relación con este desvío de subvencións da Deputación. O Xulgado de Instrución número 2 de Telde púxolle en liberdade este domingo, sen que tivese que pagar fianza, segundo informa o diario A Provincia, que estima que o detido intentou defraudar ata 800.000 euros. Xa lograra desviar case 200.000 e estaba á espera dunha nova transacción de medio millón.

Responsables de a Deputación comparecerán durante esta semana para explicar o sucedido. «Por agora, estamos a analizar o que pasou», din fontes da institución provincial. O que si está confirmado é que algúns dos avisos sobre o ocorrido chegaron das asociacións beneficiarias das axudas, que botaban en falta os ingresos. Iso serviu para que a Deputación se puxese alerta e actuase en consecuencia.

A subtracción do importe correspondente ás subvencións realizouse nos días previos á detención de Cruz Barreira. A investigación abriuse en dúas ramas: desde a Policía e tamén desde o propio organismo provincial. «Estes ataques, ás veces, non son dunha única persoa», din desde a Deputación.
O detido é coñecido nas illas por representar a un fondo que quería comprar e patrocinar o Gran Canaria de baloncesto.

Paula Vázquez 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-11-2019 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0