Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As pontes da Galiza coa Habana
O Consello da Cultura Galega revisa cun congreso, unha exposición e un concerto a
conexión galega coa Habana.
O Consello da Cultura Galega revisa o vínculo histórico da Galiza coa Habana cun
programa de actividades a quinta feira 7 de novembro en Santiago de Compostela,
conmemorando os cinco séculos da capital cubana.
Pola mañá terá lugar o congreso “A Habana galega: Historia e memorias cruzadas”.
Ás 19 horas o Museo do Pobo inaugura a exposición “O soño cubano da emigración
galega”, que recupera a fortaleza, a continuidade e a visibilidade da presenza galega
na capital cubana. Xa na noite, as muiñeiras e danzóns inundarán o Auditorio da
Galiza na foliada habaneira que dará comezo ás 21 horas, con Alejandro Vargas Trío
e Rosa Cedrón.
O programa chega á capital galega após arrincar na Habana o pasado mes de
outubro. Galiza lembra que esta cidade foi a segunda do mundo con máis habitantes
galegos, só superada por Bos Aires. Foi ademais caldo de cultivo da nosa
intelectualidade, cunha efervescencia cultural que, alén de títulos e iniciativas de
comezos do século XX, deixou tres símbolos que marcan a nosa identidade: a
bandeira, o escudo e o himno.


Ricardo Tornero Belloso
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-11-2019 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal