
Sánchez, Iglesias, Casado e Rivera votaron nas primeiras horas, mentres que Abascal esperou ás 13.00 para depositar a súa papeleta na urna.
Desde Pedro Sánchez, o máis madrugador, ata Santiago Abascal, o último en acudir ao colexio electoral de quenda, todos os candidatos deste cuarto intento de eleccións xerais acudiron a votar ao longo desta mañá fría de outono.
O primeiro en acudir ao Centro Cultural Volturno en Pozuelo de Alarcón foi o presidente do Goberno en funcións, ás 9.30 da mañá. «A democracia foi a principal e mellor herdanza que nos deixaron os nosos pais. A democracia únenos como país, fainos máis fortes», sentenciou Pedro Sánchez tras meter o seu voto na urna. Tamén animou aos españois para «fortalecer» co seu voto a democracia española e desexou «poder ter estabilidade» para «poñer España en marcha». «Imos esperar a que voten os españois, é moi importante que participemos todos. A partir de mañá xa falaremos da estabilidade do país», concluíu Sánchez.
Alejandro Fernández Blanco
1º BACH A |