Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha xornada electoral pasada por auga e con alerta laranxa en Galicia

O 10 N estará pasado por auga en toda Galicia, con chuvascos e neve por
encima de mil metros, e marcado por un temporal costeiro nas provincias da
Coruña e Lugo. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou
a alerta laranxa.«Os ceos de mañá estarán bastante cubertos porque chega
unha fronte que trae consigo máis frío e choivas intensas», sinala Alberto
Romero, meteorólogo de Meteogalicia. O especialista sinala que aínda que
choverá en toda Galicia, a zona máis afectada será a metade norte da
comunidade. A choiva será unha das grandes protagonistas da xornada
electoral, sobre todo pola tarde, cando se producirán precipitacións
xeneralizadas e persistentes. No seguinte gráfico podes ver a relación entre o
tempo e a participación electoral nas diferentes xornadas de eleccións xerais
celebradas en Galicia desde 1979.


Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía ( AEMET), o fenómeno
meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa afectará desde a mañá do
domingo ao noroeste da Coruña e á costa de Lugo con mar combinada e
ondas de 5 a 6 metros, indica a Xunta nun comunicado.


No resto do litoral (Pontevedra) permanece activa a alerta de nivel amarelo con
mar combinada do noroeste e ondas de 4 a 5 metros.Segundo a información
da Xunta, tamén se esperan ventos do oeste a noroeste de forza 7 no noroeste
da Coruña, polo que recomendan que se observen todas as medidas de
seguridade e autoprotección necesarias. «O vento fará que a sensación
térmica sexa máis baixa», apunta Romero.


Pedro Fernández Fernández
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-11-2019 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal