Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Uns estraños ‘ovos de xeo’ aparecen nunha praia de Finlandia
Miles de bólas de xeo que parecen ovos invadiron unha praia en Finlandia, un estraño fenómeno que ocorre cando se dan as condicións climáticas adecuadas. O fotógrafo afeccionado Risto Mattila foi quen se atopou con esta estampa inusual e decidiu fotografalo. Mattila e a súa muller estaban a pasear pola praia Marjaniemi na illa Hailuoto, situada no Golfo de Botnia entre Finlandia e Suecia, cando descubriron unha extensión de 30 metros de praia totalmente cuberta por estas bólas.
“O ovo máis grande era do tamaño dunha pelota de fútbol. Foi incrible. Nunca antes vira este fenómeno”, dixo Mattila que publicou a súa fotografía na súa conta de Instagram.
Por que ocorre?
Segundo expertos, o fenómeno ocorre por un proceso raro no que o vento e a auga fan rodar pequenos anacos de xeo. Uns estraños ‘ovos de xeo’ aparecen nunha praia de Finlandia Jouni Vainio, especialista do Instituto Meteorolóxico de Finlandia, asegura que a presenza de ‘ovos de xeo’ non son habituais pero pode ocorrer unha vez ao ano coas condicións climáticas adecuadas.
“Necesítase unha temperatura do aire determinada (por baixo de cero graos, pero só un pouco), a temperatura da auga correcta (preto do punto de conxelación), unha praia de area pouco profunda e suave pendente e ondas tranquilas, talvez unha lixeira ondada”, especifica Vainio.Outono é a estación perfecta en Finlandia para que se dean todas estas condicións climáticas para crear este fenómeno.
“Tamén é necesario algo que actúe como núcleo. O núcleo comeza a recoller xeoao seu ao redor e a ondada móveo ao longo da praia, cara a adiante e cara atrás. Unha pequena superficie da bóla móllase, conxélase e faise máis e máis grande”,engade Vainio.
Non é a primeira vez que un fenómeno así ocorre. En Rusia e tamén no lago Michigan, preto de Chicago, púidose observar este fenómeno. En 2016, os residentes de Nyda en Siberia atoparon bólas xigantes de xeo e neve que cubrían un tramo de costa de 18 quilómetros e oscilaban desde o tamaño dunha pelota de tenis ata case 1 metro de ancho.
En 2018 a costa de Glen Arbor no lago Michigan, Estados Unidos, tamén se puido ver este estraño fenómeno de ‘ovos de xeo’ con bólas de 30-50 centímetros de diámetro.


Susana Velasco Martínez
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-11-2019 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal