Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un garda civil salva a vida ao cliente dun restaurante de Vilaboa
O cliente dun restaurante de 60 anos de idade moi posiblemente débelle a vida a un suboficial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra que o auxiliou cando se atragoou con varios anacos de carne durante unha cea nun restaurante de Vilaboa. Foi o pasado sábado pola noite. Tras cear e cando xa se dispoñía a abandonar o establecemento, o axente foi alertado por un dos camareiros para que auxiliase a un cliente que se estaba quedando sen respiración. Nada máis aproximarse decatouse de que o pontevedrés presentaba síntomas dun posible atragantamento, polo que iniciou a manobra de Heimlich para tratar de liberarlle as vías respiratorias, un labor que contou coa inestimable axuda dun policía nacional e un policía local de Vigo que tamén estaban a cear no mesmo restaurante.
«Despois de non poucos intentos conseguiron que este comensal expulsase varios anacos de carne que, xa provocaran o seu desfalecemento», apuntaron desde a Comandancia de Pontevedra. De igual modo, engadiron que, «se a decisión e os coñecementos do garda civil foron fundamentais, non o foi menos a serenidade e a axuda que prestaron os outros dous axentes, que sen coñecerse entre eles formaron un equipo perfectamente coordinado».
Ata este punto do municipio de Vilaboa desprazáronse, así mesmo, facultativos sanitarios do 061, os cales verificaron que o cliente xa recuperara o coñecemento, á vez que «felicitaron aos intervenientes pola dilixencia e profesionalidade coa que actuaran».


Marta Rodríguez Conde
2º de Bacharelato


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-11-2019 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal