Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MORRE MARGARITA SALAS : UN REFERENTE NO MUNDO DAS CIENCIAS
Margarita Salas, unha das científicas máis destacadas do noso país, falece este 7 de novembro aos 80 anos en Madrid. Foi alumna destacada do Nobel español Severo Ochoa e na actualidade é considerada a bioquímica máis importante do noso país; xa que descubriu e patentou a ADN polimerasa (Phi29), unha enzima capaz de producir centos de copias xenéticas a partir de pequenas mostras; supuxo Este descubrimento non só foi pioneiro e básico para entender a replicación do ADN, senón que tamén supuxo unha revolución en ámbitos coma a medicina forense ou nas terapias xénicas.
Salas representa un exemplo para moitas mulleres que traballan por facerse un oco no mundo das ciencias. Ela conseguiu ser a primeira muller en ingresar na Academia das ciencias de EEUU e a primeira en entrar na Real Academia da Lingua. Tamén recibiu numerosos premios coma a Medalla Echegaray ou os premios da oficina Europea de patentes na categoría de ?Logros a toda unha vida? e de mellor inventora.
Esta bioquímica non tivo nunca doado o camiño, pois o campo das investigacións e da ciencia era un mundo de homes e si lle sumamos a falta de apoios económicos para desenrolar os seus proxectos, a situación facíase insostible, ata o punto que tivo que emigrar xunto co seu home a EEUU para poder continuar co seu traballo de investigación.
Os que a coñeceron din dela que era traballadora incansable , excelente formadora e apaixonada da ciencia; pero tamén é un referente para todas aquelas mulleres que desexan dedicarse á investigación, pois deixou ben claro que non é o sexo o que determina as capacidades das persoas e que todos debemos ser tratados por igual.


Jaime Eiriz Castro
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-11-2019 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0